Quen Somos

paulagloboPaula Romero (voz)

 A nosa voz principal nesta aventura. Non lembra cando comezou a cantar, mellor dito, non  lembra que algunha vez non cantara. Na escola, na casa ou nunhas vacacións do verán o de Paula era ir ao   ritmo da música.

Ten formación na música tradicional galega e no jazz, toca agora tamén o estilo do rock con A Gramola Gominola! A ben seguro que a coñecedes, ou que a víchedes nalgún concerto de Mamá Cabra, De Vacas, Coro da Ra, Las Brownies, The Lollypops…. Se queredes coñecer todos os rexistros desta rapaza, agora anda percorrendo escenarios con A Gramola Gominola.


rodrigogloboRo Muñoz (batería)

As cancións que Ro ten na súa cabeza soan a rock, funk, acid jazz, bossanova, samba… unha mestura de estilos e personalidades que desenvolveu en grupos e bandas tan importantes como Di Elas, Mamá Cabra, Tri Bus Band, The Groovefathers, Kentokaki… Pero tamén puidemos velo coa súa batería en programas da TVG como ‘O Rei da Comedia’ ou escoitalo no teatro como compositor na obra ‘Hotel Run’.

Mestre de formación e de profesión, é un dos ingredientes fundamentais para que a receita que forma A Gramola Gominola soe a ritmo de rock.

anxoglobo.jpgAnxelo de Xermar (baixo)

“Este rapaz de Cerceda dende que colleu un baixo xa non houbo remedio. Non o solta nin para ir á ducha. O de tocar na casa co amplificador a todo volume non estaba mal pero, facíaselle un pouco pequeno. Así que non o pensou dúas veces e decidiuse a percorrer mundo con diferentes bandas galegas. Tanto lle gusta tocar, que ademais de estar en A Gramola Gominola tamén é integrante de bandas como Festicultores Troupe e Nao.

Gústanlle as gominolas (como non!) a verdura, os cocos, o cacao e ir á praia. Ás veces é un pouco despitado, pero…iso xa o veredes en directo!”


pacogloboPaco Cerdeira (guitarra e voz)

Contan as lendas que o noso Paco naceu no medio do Atlántico, xusto cando soaba na radio ‘Fool to cry’, un dos moitos éxitos dos Rolling Stone. Certo ou non (algún día será comprobado) o caso é que ‘Paco’ e ‘guitarra’ son case dous sinónimos para todas as persoas que o coñecen.

Prestou as súas cordas e o seu ‘saber facer’ a proxectos de tanto renome como Mamá Cabra, Zënzar, A Quenlla.. e agora tócalle deixar pegada en A Gramola Gominola. Preparádevos porque Paco non pode deixar de rockear! Ah,  tamén o poderedes velo polo pais adiante, como Pakolas!!!!! http://www.pakolas.com