Chega o Apalpador!!
Fixemos este tema para achegarvos un pouco máis a figura do Apalpador; o xigante carboeiro que baixaba cada 24 e 31 de decembro dende as montañas de Lugo cargado de agasallos de madeira e castañas quentes. Chegaba á noitiña e apalpaba as barriguiñas das cativas e cativos para desexarlles fartura e felicidade todo o ano.
Deixámosvos aquí o vídeoclip e tamén a ilustración descargable do noso Apalpador. Coloreádea, enchédea de castañas, de follas ou facede o voso propio Apalpador… todo vale!
Podedes compartir con nós nas redes os vosos debuxos etiquetándonos e poñendo os hastags: #agramolagominola #oapalpadordagramolagominola
A desfrutar!