NOVAS!!

cancions desafinar♦NOVO ESPECTÁCULO!!♦  A Gramola Gominola presenta novo traballo, espectáculo baseado no seu próximo librodisco que edita  ED. Galaxia “Cancións para desafinar”, na súa colección Sonárbore, no mes de Marzo de 2017. A ESTREA do novo espectáculo aconteceu dentro da programación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, o pasado 1 de Abril de 2017 ás 18.30 h no Pazo da Cultura.

A Gramola chega con este segundo traballo cheo de cancións para desafinar. Música desenfadada para bailar a ritmo de rock, funk, gospel ou punk. Porque non hai idades nin barreiras para a música……así que a ROCKEAR!!!!!!!!

O público aclamou a primeira posta en escena deste novo espectáculo de A Gramola Gominola, espectáculo  cheo de rock&roll que fixo bailar a todo o Pazo da Cultura, con aproximadamente 450 pais, nais, familias, nenos e nenas emocionados coas novas cancións, “Cancións para desafinar”, a “Fábrica de Carmela”, “Pita Récords”, “A Avoa Fina”, entre outros, así como cantando éxitos do seu anterior disco como “Campión Internacional”, “Monstro” ou “Non movas a crista”.

This slideshow requires JavaScript.

Fotos de Alba  Sotelo para o Salón do Libro Infantil e Xuvenil

“Cancións para Desafinar” está composto por 13 novos temas, orixinais e en galego, de novo con variados estilos musicais que xiran en torno ao rock: surf-rock, punk, rock, gospel, hard-rock, funk, latin-rock, rockabilly, etc.  (ver discografía)

Nos seus espectáculos fan unha viaxe didáctica onde o público poderá coñecer diferentes estilos que van dende o blues ao reggae, pasando polo pop, country rock, ska, punk, gospel, etc. Cunha posta en escena chea de enerxía, cor e momentos cómicos que gustarán por igual a pequenos e a maiores.

E coma sempre, MÚSICA PARA TÓDALAS IDADES, CON LETRAS ADAPTADAS PARA OS MAIS PEQUENOS, nas que se mistura moita diversión e moita música. A Gramola Gominola son finalistas nos Premios Martín Códax da música 2016, e actualmente tamén na edición 2017.

Podedes descubrir mais pola entrevista da TVG en A Revista.

http://www.crtvg.es/informativos/paco-cerdeira-e-anxo-sanchez-achegannos-a-cancions-para-desafinar-o-novo-da-gramola-gominola

00portada_iiago