Discografía

Cancións para Desafinar. Marzo 2017

Un libro-disco editado por Galaxia na súa colección Sonárbore, e con ilustracións de Iago Araujo (Web Iago Araujo Ilustrador. A Gramola Gominola)

“Cancións para desafinar” é o título que da nome ao seu novo traballo, composto por 13 novas cancións orixinais en galego. A Gramola chega con este segundo traballo cheo de cancións para desafinar. Música desenfadada para bailar a ritmo de rock, funk, gospel ou punk. Porque non hai idades nin barreiras para a música……así que convidamos a todas e todos a ROCKEAR!

00portada_iiago

A Gramola Gominola. Marzo 2015

Un libro-disco no que se fai un percorrido pola historia da música contemporánea. Editado por Galaxia e con ilustracións de Lidia V. Cardeiro está composto por dez temas en galego.

Este primeiro traballo conta coa colaboración de Pablo Dalama (saxo, frauta e arranxos), Luís Tosar (voz principal en “Monstro”), Xenderal (arpa de boca en “Barriga Verde”), Mini Rivas e Mero Iglesias (voces principais en “Non é teu nin é meu”) e Alberto Cereijo (guitarrista solista en “Non é teu nin é meu”).

Portada CD

” A Gramola Gominola é unha caixa chea de sorpresas, coa que queremos levar a rapazada a unha viaxe pola música moderna.

Partiremos do blues, facendo parada no country, rock, pop, punk, reggae, heavy metal, ska…

Un paseo polos estilos que os ‘gramolos’ escoitaban cando eran novos…

Con todos vós… A Gramola Gominola!”

Podes escoitar algunhas das cancións a través da nosa canle Soundcloud: