A GRAMOLA GOMINOLA

A Gramola Gominola é unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo. Eles son Paco Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas, Lacón con Grelos). O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deron centos de concertos poñendo ao público en pé cos cornos en man!
Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil. Teñen tres libros-CD no mercado publicados pola Editorial Galaxia.


Anxelo de Xermar

(baixo)

Anxo leva dende a súa xuventude tocando en grupos de alta voltaxe. Despois de recorrer todo o país de concerto en concerto podedes velo ás catro cordas en grupos como A Gramola Gominola ou os Festicultores Troupe.

Paco Cerdeira

(guitarra e voz)

Paco Cerdeira é Pakolas, autor, compositor, músico e tamén produtor de música pensada para @s máis cativ@s. Ten longa traxetoria neste eido profesional pasando por grupos como Mamá Cabra. Na actualidade continúa facendo música coa súa guitarra en Zenzar e A Gramola Gominola.

Paula Romero

(voz)

Paula Romero é unha cantora galega que medrou arredor da música tradicional. Petou forte na pandeireta dende nena e foi máis adiante cando estudou canto moderno. Na actualidade está a traballar nos proxectos De Vacas e Coro Encaixe.

Rodrigo Muñoz

(batería)

Ro Muñoz é un baterista lucense formado nos seus inicios en bandas de hard rock, pasando polo funk o acid jazz e a fusión. Acompaña artistas e toca en bandas de distintos estilos ata hoxe, pero na Gramola Gominola demostra a sua paixón polo Rock&Roll.


DOSSIER


UNIDADES DIDÁCTICAS

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies